O Contrato de servizos de xeito máis claro
Imos actualizar o Contrato de servizos de Microsoft, que rexe o uso dos produtos e servizos ao consumidor en liña de Microsoft. Imos realizar estas modificacións para aclarar os nosos termos e asegurar que resulten transparentes, así como para que abrangan novos produtos, servizos e características de Microsoft.
Estas actualizacións, que se resumen a continuación, entrarán en vigor o 30 de setembro de 2024. Se segue a empregar os nosos produtos ou servizos despois do 30 de setembro de 2024, confirma que acepta os termos actualizados do Contrato de servizos de Microsoft.
Preguntas máis frecuentes
Que é o Contrato de servizos de Microsoft?
O Contrato de servizos de Microsoft é un contrato entre vostede e Microsoft (ou unha das súas afiliadas), que rexe a utilización dos produtos e servizos ao consumidor en liña de Microsoft. Pode ver unha lista completa dos produtos e servizos incluídos aquí.
Que produtos e servizos non abrangue o Contrato de servizos de Microsoft?
O Contrato de servizos de Microsoft non é de aplicación a produtos e servizos específicos para clientes con licenzas por volume, como Microsoft 365 para empresas, a clientes do eido público e educativo, a Azure, a Yammer nin a Skype for Business. Para coñecer os compromisos relativos á seguridade, á privacidade e ao cumprimento normativo, así como a información correspondente relativa a Microsoft 365 for Business, visite o Centro de confianza de Microsoft en http://approjects.co.za/?big=trust-center/product-overview.
Que cambios vai realizar Microsoft ao Contrato de servizos de Microsoft?
Pode ver aquí o resumo dos cambios máis relevantes.
Para ver todos estes cambios, recomendámoslle que lea todo o Contrato de servizos de Microsoft.
Cando entran en vigor estes termos?
As actualizacións do Contrato de servizos de Microsoft entrarán en vigor o 30 de setembro de 2024. Ata esa data, están vixentes os termos actuais.
Como se aceptan estes termos?
Se emprega os nosos produtos ou servizos ou accede a eles despois do 30 de setembro de 2024, confirma que acepta o Contrato de servizos de Microsoft actualizado. En caso contrario, pode optar por deixar de usar os produtos e servizos e pechar a conta de Microsoft antes do 30 de setembro de 2024.